Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de outubro de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 27 de setembro de 2019, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-077/2019, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderase facer efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non se efectuar o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 25 de outubro de 2019

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-077/19.

NIF: 79342665W.

Establecemento: O Lago.

Enderezo: rúa do Piñeiral, 42.

Localidade: As Pontes de García Rodríguez.

Preceptos infrinxidos: artigo 109.2, alínea a), da Lei 7/2011.

Resolución: 27 de setembro de 2019.

Sanción: multa por importe de cento vinte e cinco euros (125,00 €).