Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 7 de novembro de 2019 Páx. 47982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de outubro de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se citan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 51/2018-CO e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo, o acto que se indica, logo de intentar sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen do prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar este acto na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.

Logo de transcorrer o devandito prazo sen que as persoas interesadas comparecesen, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 11 de outubro de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto notificado

51/2018-CO

Y1174055B

Resolución

54/2018-CO

79344484G

Resolución

56/2018-CO

78802484E

Resolución