Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47751

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3155/2019-RMR).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3155/2019 desta sección, seguido por instancia de Constantino Gómez Taboada contra Bahía de Mera, S.L., Talleres Dacrilamo, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación articulado por Constantino Gómez Taboada contra a sentenza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, con data de 11 de marzo de 2019, en autos nº 885/2018, instados polo aquí recorrente fronte á mercantil Talleres Dacrilamo e a empresa Bahía de Mera, S.L., sobre despedimento, confirmamos a resolución de instancia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, previa devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación a Bahía de Mera, S.L. (extinguida), con último domicilio na avenida das Mariñas, Perillo, nº 350, baixo, 15172 Oleiros (A Coruña), expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza