Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 15 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Miño (expediente-e IN407A 2019/177-1).

Expediente-e: IN407A 2019/177-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento da LMT PED-705 en San Xoán de Vilanova.

Concello: Miño.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea PED-705 a 15 kV (entre os apoios núm. 51 e núm. 52) de 0,057 km coa orixe no apoio núm. 51 existente da LMT. PED-705 no treito entre a derivada ao CT Vilanova Augas (expediente 86/04) e derivada ao CT San Xoán de Vilanova (expediente 27.900), con condutor tipo LA 110 mm² Al e remate no apoio núm. 52 proxectado que substitúe o existente da LMT PED-705, no treito entre a derivada ao CT Vilanova Augas e a derivada ao CT San Xoán de Vilanova.

Liña eléctrica de media tensión aérea PED-705 a 15 kV (derivada ao CT San Xoán de Vilanova) de 0,003 km coa orixe no apoio núm. 52 proxectado, que substitúe o existente da LMT PED-705 no treito entre a derivada ao CT Vilanova Augas e a derivada o CT San Xoán de Vilanova, con condutor tipo LA 56 mm² Al e remate no apoio núm. 53 existente da LMT PED-705 formado por dous apoios que sustenta o CT San Xoán de Vilanova (expediente 27.900).

Liña eléctrica de media tensión aérea PED-705 a 15 kV (entre apoios núm. 58 e núm. 60) de 0,312 km coa orixe no apoio núm. 58 proxectado, que substitúe o existente da LMT PED-705 no treito entre a derivada ao CT San Xoán de Vilanova (expediente 27.900) e a derivada ao CT particular J. Antonio Cabala, S.L., con condutor tipo LA 110 mm² Al e remate no apoio núm. 60 existente da LMT PED-705 no treito entre a derivada o CT San Xoán de Vilanova (expediente 27.900) e a derivada ao CT particular J. Antonio Cabala, S.L.

Liña eléctrica de media tensión aérea PED-705 a 15 kV (derivada a CT J. Antonio Cabala) de 0,046 km coa orixe no apoio núm. 59 proxectado, que substitúe o existente da LMT PED-705 no treito entre a derivada ao CT San Xoán de Vilanova (expediente 27.900) e a derivada ao CT particular J. Antonio Cabala, S.L., con condutor tipo LA 56 mm² Al e remate no apoio núm. 59/1 existente da LMT PED-705 primeiro apoio da derivada o CT particular J. Antonio Cabala, S.L.

Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV de 0,378 km coa orixe no paso aéreo a soterrado que se realizará no apoio núm. 52 proxectado, que substitúe o existente da LMT PED-705 no treito entre a derivada ao CT Vilanova Augas (expediente 86/04) e a derivada ao CT San Xoán de Vilanova (expediente 27.900), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al e remate no paso soterrado a aéreo que se realizará no apoio núm. 58 proxectado, que substitúe o existente da LMT PED-705 no treito entre a derivada ao CT particular J. Antonio Cabala, S.L.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 15 de outubro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2019/177-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento da LMT PED-705 en San Xoán de Vilanova.

Concello: Miño.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Andel.

Cultivo: prado.

Propietario: Víctor Lagoa Fernández.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais aéreos: 31.0.

– M2 aéreos: 533.0.

Número de predio: 2.

Lugar: Andel.

Cultivo: viñedo.

Propietario: Jesús Filgueiras Vila.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais aéreos: 25.0.

– M2 aéreos: 338.0.