Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019 pola que se sinalan as datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación tramitado polo procedemento de taxación conxunta que se precisan ocupar para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo.

I. Mediante Resolución do conselleiro de Sanidade do 30 de outubro de 2019 aprobouse definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo, levado a cabo pola Consellería de Sanidade, en calidade de Administración expropiante, e o Servizo Galego de Saúde, na súa condición de beneficiaria da expropiación, conforme o previsto nos artigos 118 e seguintes da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

II. De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida, produce os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que se continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Polo anterior, cómpre fixar as datas en que se procederá ao levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación de conformidade cos artigos 49 e 55 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

III. Segundo establece o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, o pagamento do prezo xusto soamente se fará efectivo, consignándose no caso contrario, a aqueles interesados que acheguen:

– No suposto de predios inscritos no Rexistro da Propiedade, certificación rexistral ao seu favor, en que conste que expediu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario. En caso de que existan cargas, deberán comparecer tamén os titulares delas.

– Para os predios que non estean inscritos no Rexistro da Propiedade, os títulos xustificativos do seu dereito, completados con certificacións negativas do Rexistro da Propiedade referidas aos mesmos predios descritos nos títulos. De existiren outros dereitos sobre o predio expropiado, deberán comparecer tamén os seus titulares.

Conforme o artigo 206 do citado Regulamento de xestión urbanística, se o expropiado non quixese aceptar o prezo xusto, non achegase títulos suficientes xustificativos do seu dominio, existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, a Administración consignará o seu importe na Caixa Xeral de Depósitos.

IV. De conformidade co establecido no artigo 55.1 do Regulamento de expropiación forzosa, expedirase acta de ocupación da cousa ou dereito expropiado a continuación da de pagamento ou consignación. Para proceder ao levantamento destas actas, deberán asistir os titulares persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, con poder suficiente do que achegará copia, provistos ademais dos seus documentos orixinais acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o último recibo sobre o imposto de bens inmobles, e poderá asistir acompañado, pola súa conta, se o coida oportuno, do seu perito ou notario.

Para facilitar a confección dos documentos de pagamento e a efectividade destes, os interesados deberán achegar á beneficiaria da expropiación os documentos xustificativos dos seus dereitos con anterioridade ás datas fixadas para o levantamento das actas de pagamento.

V. En consecuencia, convócanse os titulares de bens e dereitos afectados polo presente expediente para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación os días 26 e 27 de novembro de 2019, que terá lugar no Seminario 3 do Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra) nas horas e orde que se sinalan no documento anexo.

VI. Notifíquese a presente resolución a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente expropiatorio, con indicación a cada un deles da data, hora e lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación. Publíquese a resolución no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra e nun diario dos de maior circulación da provincia. A publicación desta resolución servirá de notificación aos propietarios descoñecidos, dos que se ignore o seu domicilio, ou ben se intentada a notificación, esta non se puido realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Horario convocatoria

Expte.

Ref. catastral

Nome

Apelidos

Día

Hora

32-N1

Negocio

Amelia

Aboal Fernández

26 de novembro de 2019

10.00

10

36900A124003050000PT

Eva María

Aboal Fernández

26 de novembro de 2019 

10.00 

Ricardo

Cordido Mejuto

11

36900A124003490000PJ

Eva María

Aboal Fernández

26 de novembro de 2019

10.00

Ricardo

Cordido Mejuto

12

36900A124003060000PF

Eva María

Aboal Fernández

26 de novembro de 2019

10.00

Ricardo

Cordido Mejuto

13

36900A124103060000PE

Eva María

Aboal Fernández

26 de novembro de 2019

10.00

Ricardo

Cordido Mejuto

32-N2

Negocio

Milagros

Aboal Fernández

26 de novembro de 2019

10.30

32

36900A124003030000PP

José

Aboal Rey

26 de novembro de 2019

11.00

María Jesús

Fernández Ogando

9

36900A124002610000PZ

Antonio

Cachafeiro Pichel

26 de novembro de 2019

11.30

32-N3

Negocio

Ricardo

Cordido Mejuto

26 de novembro de 2019

10.00

8

36900A124002620000PU

Mª Ángeles

Cortegoso Sieiro

26 de novembro de 2019

11.50

20-N

Negocio

Daniel

Domínguez Gallego

26 de novembro de 2019

12.10

22

002212000NG39G0001RK 36900A124002570000PS

Juan Carlos

Domínguez Martínez

26 de novembro de 2019

12.30

20

36900A124002590000PU 002208200NG39G0001TK

Inocente

Domínguez Martínez

26 de novembro de 2019

12.50

15

36900A124002680000PG

Jesús

Domínguez Martínez

26 de novembro de 2019

13.00

16

36900A124002670000PY

Jesús

Domínguez Martínez

26 de novembro de 2019

13.00

17

36900A124002660000PB

Jesús

Domínguez Martínez

26 de novembro de 2019

13.00

28

36900A124003020000PQ 36900A124003000000PY 36900A124003010000PG 36900A124003570000PH

Eleuterio

Genoveva

Filgueira Rey

Martínez Soto

27 de novembro de 2019

10.00

24

36900A124002960000PW, 002209000NG39G0001RK, 36900A124002950000PH, 36900A124002980000PB 36900A124002990000PY

Ana Trinidad

María Lourdes

Luz Divina

María Luisa

García Maquieira

García Maquieira

Maquieira Pereira

Pereira Villaverde

27 de novembro de 2019

10.30

4

36900A124002880000PE

Atilano Hdros.

García Pereira

27 de novembro de 2019

11.00

1

36900A124002910000PE

José

Iglesias Iglesias

27 de novembro de 2019

11.00

7

36900A124002630000PH

Emilia Ángela

Martínez Boullosa

27 de novembro de 2019

11.30

5

36900A124002650000PA

María de la Paz

Soto Fernández

27 de novembro de 2019

12.00

6

36900A124002640000PW

María de la Paz

Soto Fernández

27 de novembro de 2019

12.00

2

36900A124002900000PJ

José Manuel

Tome Rodríguez

27 de novembro de 2019

12.30

3

36900A124002890000PS

José Manuel

Tome Rodríguez

27 de novembro de 2019

12.30

18

36900A124002720000PQ

José Manuel

Tome Rodríguez

27 de novembro de 2019

12.30

14

36900A124003500000PX

Manuela

Gerardo

Juan Manuel Hdros.

Francisco

Varela Rodríguez

Tizón Varela

González Mosquera

Tizón Rivera

27 de novembro de 2019

13.00