Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 243/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 243/2017 por instancia de Jacobo Manuel Lorenzo Castelo e outros contra Cocinas Novara e outros, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 8 de outubro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por José Manuel Bermúdez Aguiar, Jacobo Manuel Lorenzo Castelo e Emilio Alberto Conde Varela fronte a Cocinas Novara, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Cocinas Novara, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A José Manuel Bermúdez Aguiar a cantidade de quince mil cincocentos tres euros con cincuenta e nove céntimos (15.503,59 euros), máis xuros de demora.

• A Jacobo Manuel Lorenzo Castelo a cantidade de catro mil douscentos oitenta e seis euros con corenta e sete céntimos de euro (4.268,47 euros), máis xuros de demora.

• A Emilio Alberto Conde Varela a cantidade de quince mil cincocentos tres euros con cincuenta e nove céntimos (15.503,59 euros), máis xuros de demora.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cocinas Novara, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 16 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza