Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47539

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (687/2018).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fago saber que no presente procedemento xuízo ordinario 687/2018, seguido por instancia de Manuel Villadóniga Casas, S.L. fronte a Alejandro Pereira García, Pinegal Ecoforest, S.L. se ditou sentenza do 5 de xuño de 2019.

E ao estar en paradoiro descoñecido Alejandro Pereira García, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Indícase que o interesado se poderá dirixir a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra esa resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación desta sentenza.

A Coruña, 2 de setembro de 2019

A secretaria xudicial