Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente URB 39/2018-809/2018).

Unha vez ditada a orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 22 da Riña, Santa María de Oia, termo municipal de Oia (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o enderezo do titular das parcelas 1243, 1245, 1248 e 1249 do polígono 22 (ref. catastral 36036A022012490001WS, 36036A02212430001WR, 36036A022012450001WX, 36036A022012480001WE, respectivamente), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte os incendios forestais. No caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/39/2018 (803/2018)

Richard Rene Galaud

(enderezo descoñecido)

36036A022012490001WS

36036A02212430001WR

36036A022012450001WX

36036A022012480001WE

Parcelas 1243, 1245, 1248 e 1249 do polígono 22

A Riña (Santa María de Oia)

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 17 de outubro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa