Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública (expediente FG número 641).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 4476, do 25 de outubro de 2019, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle das zonas 1A e 1B do Plan especial de reforma interior do POL-24 O Paraíso (documento R.E. nº 15847, do 18.9.2019).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos da presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 28 de outubro de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente