Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 685/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 685/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Gerpe Gómez, Yolanda Marta Varela contra Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C. sobre despedimento, se ditou con data do 8 de outubro de 2019 sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido tense por desistido a María Jesús Gerpe Gómez na demanda promovida fronte á entidade Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Yolanda Marta Varela, contra a entidade Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C., a que aboe á demandante a cantidade de 10.065,78 euros como indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberá ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274 debendo apuntar en concepto os seguintes díxitos 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander en conta nº 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Adolfo Fragoso Gómez y otros S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza