Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello de Ourense (expediente IN407A 2018/40-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Rafael Pena Fernández, colexiado nº 1903 do Coeticor, en Ourense, o día 3.12.2018, con visado nº 3708/18-CO de 4.12.2018.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución Electicidad, S.A.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTS ao CS Quintela Industrial.

Situación: Concello de Ourense.

Orzamento: 56.039,22 euros.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV, de 210 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMT existente ao CT Vilanova-Quintela 32C727 e fin na LMT existente ao CS Nissan 32CDF0.

CS con tensión de 20 kV, con localización na estrada de Vigo-Quintela, en envolvente prefabricada, manobra exterior, celas compactas SF6, 3L2TC; GPRS/FO.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, no seu caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, se é o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións, que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Ourense, 4 de marzo de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense