Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 31 de outubro de 2019 Páx. 47206

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 9 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2019 (código de procedemento SI452A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2019, a través da Resolución do 9 de agosto de 20198 (DOG número 163, do 29 de agosto), axudas para o ano 2019 destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade.

As partidas orzamentarias con cargo ás cales se financian estas axudas teñen financiamento con fondos finalistas do Estado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O artigo 7 da Resolución do 9 de agosto de 2019 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes e indica que a presentación das solicitudes se realizará obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que foi publicada o 29 de agosto de 2019.

Así mesmo, no artigo 8, determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a persoa solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, tamén se indica que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigo 45 da citada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou dos teléfonos 881 95 77 83 e 981 95 76 89, ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Relación de solicitudes suxeitas a emenda

Número de expediente

Nome da entidade solicitante

NIF

Documentación que se require

SI452A-2019-00000001-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial del programa: persoas beneficiarias

SI452A-2019-00000002-00

Alar Galicia

G15775901

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: comprobar (erro na suma do importe do financiamento e do importe total)

SI452A-2019-00000004-00

Agrupación de Entidades Rurais Terra e Xente

G32484107

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (artigo 4.1.a)-A Asociación Rural Terra e Xente non figura inscrita na área de igualdade no RUEPSS

Estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e)-Estatutos de todas as entidades que integran a agrupación

SI452A-2019-00000005-00

Confederación de Federaciones de Viudas Hispania (Confav)

G28729283

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (artigo 4.1.a)

Acreditar domicilio social ou delegación na CA (artigo 4.1.c)

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial del programa: persoas beneficiarias. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

Acreditar realización das actividades e contar con medios materiais e persoais na CAG. Artigo 4.1.f)

SI452A-2019-00000006-00

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur-Galicia

G70101647

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: persoas beneficiarias. Punto 8 Orzamento do programa: especificar detalle dos gastos correntes

SI452A-2019-00000007-00

Instituto Galego de Xestión para o 3º Sector-Igaxes3

G15784978

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 9 Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: total de gastos de persoal do punto 8 (orzamento) debe coincidir co total do punto 9

SI452A-2019-00000008-00

Red Española de Entidades por el Empleo, Red Araña

G58579806

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000009-00

Asociación Española contra el Cáncer

G28197564

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000010-00

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

G27441153

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non figura o importe de 3.000 euros que si figura no orzamento do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: concretar todos os concellos

SI452A-2019-00000011-00

ACCEM

G79963237

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 6 Indicadores previstos para avaliar o programa: falta indicador e resultado esperado. Punto 8 Orzamento do programa: o importe de gastos de persoal debe coincidir co importe total do punto 9 

SI452A-2019-00000012-00

Asociación Viguesa de Alcohología-Asvidal

G36627453

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Comprobar importe solicitado

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial del programa: persoas beneficiarias. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000013-00

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-Femuro

G32237869

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 5 Actuacións do programa: cubrir datos de persoas beneficiarias, data de inicio e data de finalización. Punto 7 Localización territorial do programa: concretar concellos e persoas beneficiarias. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

Compromisos asumidos por cada asociación membro da federación (artigo 4.2.b)

SI452A-2019-00000014-00

Asociación Mirabal

G70312954

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non figura o importe de 2.000 euros que si figuran no orzamento do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: concretar todos os concellos. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes do orzamento. O total de gastos de persoal debe coincidir co total do punto 9 

SI452A-2019-00000015-00

Fundación Amigó

G81454969

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

Estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e)-Acreditar que da súa actuación xeral se desprende que ten entre os seus obxectivos contribuír á promoción da igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social e atender as mulleres en situación de vulnerabilidade (artigo 4.1.e)

SI452A-2019-00000016-00

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

G94088549

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non figura o importe de 4.000 euros que si figura no orzamento do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: concretar concellos e persoas beneficiarias. Punto 8 Orzamento do programa: comprobar e especificar con detalle os gastos correntes. Total de gastos de persoal debe coincidir co total do punto 9 

SI452A-2019-00000018-00

Fundación Anar

G80453731

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial del programa: concretar concellos

SI452A-2019-00000019-00

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000022-00

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg)

G15068091

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non figura o importe de 18.218,09 euros que si figura no anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar o detalle dos gastos correntes

SI452A-2019-00000023-00

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000024-00

ONG Mestura

G15940414

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000026-00

Asociación para el Crecimiento en Familia (Acrofam)

G94095098

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial del programa: concretar concellos. Punto 9 Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: detallar os datos que faltan: nº de h/semana, nº meses, SS, total

SI452A-2019-00000027-00

Viraventos

G70136429

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non figura o importe de 1.186,34 euros que si figura no orzamento do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000028-00

Fundación Juan Soñador

G24452435

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000029-00

Down Pontevedra Xuntos, Asoc. Síndrome de Down

G36164887

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes. Total de gastos de persoal debe coincidir co total do punto 9 

SI452A-2019-00000031-00

Unión de Asociaciones de Trabajadoras Autónomas y Emprendedoras Uatae Mujer

G86223153

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-O importe solicitado no anexo I debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8 Orzamento do programa do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: concretar concellos. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes. Total de gastos de persoal debe coincidir co total do punto 9. Punto 9 Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: detallar os datos que faltan: retribución total, SS, total

SI452A-2019-00000033-00

Radio ECCA Fundación Canaria

G35103431

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes. Punto 9 Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar e, se é o caso, xustificar os gastos de dirección

Anexo III: documento específico para a valoración da entidade (artigo 8.1.c): punto 8 Adecuación de recursos humanos: valoración dos recursos humanos da entidade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: persoas empregadas maiores de 45 anos contratadas nos 2 últimos anos (comprobar)

SI452A-2019-00000034-00

ONGD Ecos do Sur

G15354483

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-O importe solicitado non coincide co punto 8 do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: non coincide co importe do anexo I

Anexo IV: documento específico para a valoración do programa (artigo 8.1.d)-Punto 2 Ámbito do programa (temporal): figuran 5 programas do mesmo ano. Punto 3 Cofinanciamento do programa: figura que ten outras fontes de financiamento o que non coincide co anexo I e co punto 8 do anexo II

SI452A-2019-00000036-00

Fillas do Divino Celo-Rogacionistas

R0800037D

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

Estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e)-Artigo 4: acreditar que da súa actuación xeral se desprende que ten entre os seus obxectivos contribuír á promoción da igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social e atender as mulleres en situación de vulnerabilidade

SI452A-2019-00000037-00

ValoReSC Innovation

G70377585

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Non achega

Anexo III: documento específico para a valoración da entidade (artigo 8.1.c)-Non achega

Anexo IV: documento específico para a valoración do programa (artigo 8.1.d)-Non achega

Estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e)-Non achega

SI452A-2019-00000038-00

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

G32115941

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: concretar concellos. Punto 7 bis Comprobar, precísase explicación

SI452A-2019-00000039-00

Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Importe solicitado non coincide co punto 8 do anexo II. Non cuberto apartado doutras axudas concedidas ou solicitadas

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: importe solicitado non coincide co do anexo I e gastos de persoal non coincide co do punto 9. Punto 9 Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: revisar (refírese a gastos directamente relacionados co programa)

Anexo III: documento específico para a valoración da entidade (artigo 8.1.c)-1º Implantación territorial: acreditación de ter desenvolvido actuacións en dúas (2) provincias

SI452A-2019-00000040-00

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000042-00

Asociación Érguete

G36642726

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: persoas beneficiarias

Anexo III: documento específico para a valoración da entidade (artigo 8.1.c)-Punto 2º Experiencia na xestión e execución dos programas: non é coherente co punto 2º do anexo IV

Anexo IV: documento específico para a valoración do programa (artigo 8.1.d)-Punto 2º Ámbito territorial: non é coherente co punto 7 Localización territorial do programa do anexo II

SI452A-2019-00000043-00

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

G36837433

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non figura o importe de 900 euros que si figura no orzamento do anexo II

SI452A-2019-00000044-00

Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible

G36984367

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non figura o importe de 3.200 euros que si figura no orzamento do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: concretar concellos e persoas beneficiarias. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

Anexo IV: documento específico para a valoración do programa (artigo 8.1.d)-Punto 3º Cofinanciamento: non é coherente co punto 8 do orzamento do anexo II

Estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e)

SI452A-2019-00000046-00

Aliad Ultreia

G27021120

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: concretar concellos. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000047-00

Asociación Amicos

G15747678

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial del programa: persoas beneficiarias

SI452A-2019-00000048-00

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non coinciden coas axudas recollidas no punto 8 Orzamento do programa do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 8 Orzamento do programa: importe gastos xestión e administración superior ao 15 % do orzamento. Cadro 9 Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: coordinación do proxecto. Punto 12 Descrición, se é o caso, da colaboración doutras entidades públicas no financiamento do programa: non coherente co anexo I e punto 8 do anexo II

Anexo IV: documento específico para a valoración do programa (artigo 8.1.d)-2º Ámbito do programa: ámbito territorial: non coincide co anexo II (punto 7 Localización do programa)

SI452A-2019-00000050-00

Fundación Filia

G86243417

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (artigo 4.1.a)

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial del programa: concretar concellos. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes e gastos de xestión e administración superiores ao 15 % do orzamento (artigo 6.4º). Cadro 9 Xustificar a categoría de experto/a en empoderamento. Gastos de coordinador/a proxecto e administración proxecto non se corresponden con este ámbito de gastos

Estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e)-Artigo 4: acreditar que da súa actuación xeral se desprende que ten entre os seus obxectivos contribuír á promoción da igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social e atender ás mulleres en situación de vulnerabilidade

SI452A-2019-00000051-00

ADO (Asociación de Personas con Discapacidad de Ourense)

G32410797

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (artigo 4.1.a)

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial del programa: persoas beneficiarias. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes

SI452A-2019-00000054-00

Fundación de Solidaridad Amaranta

G84913946

Anexo I: solicitude (artigo 7.1)-Declaración doutras axudas: non figura o importe de 1.430 euros que si figura no orzamento do anexo II

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 7 Localización territorial do programa: concretar concellos e persoas beneficiarias. Punto 8 Orzamento do programa: especificar con detalle os gastos correntes. O anexo II non está asinado pola persoa representante

SI452A-2019-00000055-00

Asociación Antonio Noche

G15210388

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Non achega

Anexo III: documento específico para a valoración da entidade (artigo 8.1.c)-Non achega

Anexo IV: documento específico para a valoración do programa (artigo 8.1.d)-Non achega

Estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e)

SI452A-2019-00000056-00

Ayuda y Atención al Preso

G15414667

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Non achega

Anexo III: documento específico para a valoración da entidade (artigo 8.1.c)-Non achega

Anexo IV: documento específico para a valoración do programa (artigo 8.1.d)-Non achega

Estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e)

SI452A-2019-00000057-00

Fundación Mujeres

G80974702

Anexo II: memoria explicativa do programa (artigo 8.1.b)-Punto 9 Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: detallar os datos que faltan: titulación/categoría. Anexo II non está asinado pola persoa representante