No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 192, do 7 de outubro de 2019, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como a convocatoria que rexerá o proceso selectivo para o acceso a 2 prazas vacantes de administrativos do Concello de Moraña, por promoción interna, incluídas na oferta de emprego público do ano 2018.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello (http://morana.sedelectronica.gal).
Moraña, 8 de outubro de 2019
María Luisa Piñeiro Arcos
Alcaldesa