Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 47014

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle de ordenación de volumes no sistema local de equipamento do mercado de Monte Alto (expediente 631/2019/25).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 12 de setembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de ordenación de volumes no sistema local de equipamento do mercado de Monte Alto. Agosto 2019, redactado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, núm. col. 779 do COAG, promovido polo Concello da Coruña.

Segundo. Ordenar a publicación e a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do seu regulamento de desenvolvemento, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo aos departamentos municipais interesados na aprobación do documento.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, no enderezo electrónico https.www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamiento/planeamiento vigente ou ben, desde a mesma web, a través do Visor Estado Desarrollo PGOM 2013.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 7 de outubro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo