Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46854

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 197/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 197/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Fariñas Romay contra Anpeso Reformas, S.L.U., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela, sete de outubro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución de Sentencia 215/2019, con data do 15 de maio de 2019 ditada no procedemento DSP 899/2018 a favor da parte executante, Francisco Fariñas Romay, fronte a Anpeso Reformas, S.L.U., Fogasa, parte executada, por importe de 11.744,13 euros en concepto de principal (9.693,45 euros en concepto de salarios de tramitación, 2.050,68 euros en concepto de indemnización), máis outros 1.174,41 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, sete de outubro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Anpeso Reformas, S.L.U., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 11.744,13 euros en concepto de principal (9.693,45 euros en concepto de salarios de tramitación, 2.050,68 euros en concepto de indemnización), máis outros 1.174,41 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0197 19), con apercibimento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Anpeso Reformas, S.L.U., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación da mesma con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Anpeso Reformas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza