Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a varias instalacións eléctricas no concello de Rubiá (expediente IN407A 2019/31-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Ramón Gómez Morandeira, colexiado núm. 1.304 do I.C.O.I.I.G., en agosto de 2019, con visado nº 20192242, do 26.8.2019, do sinalado colexio profesional:

Solicitante: E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.; CIF: B-82846817.

Enderezo: apartado 118, subestación Montearenas s/n, 24401 Ponferrada (León).

Denominación: renovación aparamenta MT e CGBT do CT poboado Quereño.

Situación: poboado Quereño, concello de Rubiá (Ourense).

Características técnicas:

O proxecto reforma o centro de transformación existente no poboado de Quereño de Endesa (32.054)-expediente IN407A 2016/210-3, situado nas coordenadas UTM X: 678.543 // Y: 4.698.571 // Z: 365, proxectando a instalación de 3 celas de media tensión do tipo illadas en gas SF6, de Ormazábal (1 de entrada de liña, 1 de saída ao seccionador de Eléctricas del Cabrera e unha terceira de protección do transformador); un cadro xeral de BT Pronutec AC-4IC FNL00100 e o cadro de servizos auxiliares do CT.

Orzamento: 28.389,31 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto,

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, de ser o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.

Ourense, 12 de setembro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense