Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46685

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 96/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 96/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 61 contra Espego Hostelería, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a Sentenza 377/2019, do 2.10.2019, contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Espego Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza