Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46544

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 64/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 64/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Porto Varela contra Cityhouse Los Tilos, S.L, e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza co número 482/2019, con data do 2 de outubro de 2019, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Estímase a demanda presentada por instancia de Yolanda Porto Varela contra a entidade Cityhouse Los Tilos, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade total de 3.018,99 euros como cantidade debida, máis o xuro legal da dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Cityhouse Los Tilos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza