Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 10 de outubro de 2019, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución dun procedemento sancionador porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente S-L-08.18).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ditou o 31 de xullo de 2018 resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal desta resolución non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura e Turismo, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

Anexo

Procedemento sancionador: S-L-08.18. Lugo.

DNI do interesado: 33560880Q.

Acto notificado: resolución que impón sanción de multa.