Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución de outorgamento da concesión directa de explotación de recursos mineiros da sección C) Pedroso II número 7176.

A Xefatura Territorial da Coruña fai saber que mediante a Resolución do 16 de agosto de 2019, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, se outorgou a concesión directa de explotación de recursos mineiros da sección C) Pedroso II número 7176 de dúas cuadrículas mineiras, no termo municipal de Mazaricos, provincia da Coruña, por un período de vinte anos.

En cumprimento das obrigacións de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderase examinar no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

A Coruña, 26 de setembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña