Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 20 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 34998123N/14/06/2019/2.1.E e un máis.

Unha vez a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que, contra ela, cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer íntegramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles ás persoas interesadas que, se non formularen recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 20 de setembro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa

interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos

sancionadores

Proposta de sanción

34998123N

34998123N/

14/06/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego.

X7200824F

X7200824F/

01/08/2019/2.1.D

Artigo 24.3.d)

Artigo 47.2.a)

Baixa na demanda de emprego durante o período dun mes.