Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica o requirimento de cumprimento de trámites no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia a Suministros Cabo Prior, S.L.

Logo de intentada a notificación persoal sen poder efectuala, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 30 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase á entidade interesada o requirimento sinalado no anexo, emitido polo Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Emprego.

A entidade dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para atender o requirimento efectuado. En caso contrario, procederase ao inicio da tramitación do correspondente expediente de descualificación e baixa da inscrición no dito rexistro administrativo, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.

A entidade interesada ten á súa disposición o contido íntegro do requirimento, así como a totalidade do expediente administrativo, nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, andar 0, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Entidade: Suministros Cabo Prior, S.L.

NIF: B70340385.

Enderezo: rúa Breogán, nº 15 baixo, 15404 Ferrol (A Coruña).

Nº de inscrición: 141-GZ.

Contido do acto obxecto de notificación: requirimento de presentación da memoria anual dos centros especiais de emprego prevista no artigo 8 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.