Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de restauración da autorización de explotación (número 387 Cuñas), sito no concello da Pobra de Trives.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia; no artigo 36.1 da Lei 21/13, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6.3 do Decreto 975/2009, de 12 xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras, sométense a información pública a solicitude, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de restauración relativo á autorización de explotación sección A Cuñas nº 387 no concello da Pobra de Trives (Ourense), promovido por Pedro Basalo Blanco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 3º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de setembro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense