Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución de recurso de alzada no procedemento sancionador 2019150AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 13 de setembro de 2019 o conselleiro de Sanidade ditou resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no procedemento sancionador 2019150AL-PO por infracción en materia sanitaria. Intentada a notificación á persoa interesada, foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, notifícaselle a devandita resolución.

Así mesmo, e como queira que segundo o artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, este anuncio limitarase á publicación, como anexo, dunha simple indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo, de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número de expediente: 2019150AL-PO.

NIF: 52493874-P.

Contido da notificación: resolución do conselleiro de Sanidade do 13.9.2019, pola que se resolve o recurso de alzada interposto no procedemento sancionador 2019150AL-PO.

Último enderezo coñecido: rúa Eduardo Vicenti, número 30, baixo, Bueu (Pontevedra).

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.