Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46185

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 621/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 621/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra Isalcor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L. e Atesvi, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Resolución

Estímase parcialmente a demanda presentada por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra Isacor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L. e Atesvi, S.L., sobre complementos de incapacidade temporal por mellora voluntaria, e en consecuencia debo declarar e declaro o dereito de Pablo Gómez Rodríguez ás diferenzas económicas en concepto de complementos de IT por mellora voluntaria correspondentes ao período do 18 de setembro de 2012 ao 24 de xaneiro de 2013, por importe de 5.440,31 euros, máis xuros legais, condeno solidariamente a Isacor Valga, S.L. e Carpintería Metálica Tecre, S.L. ao aboamento da referida cantidade, e condeno de xeito subsidiario a Atesvi, S.L. ao pagamento das cantidades reclamadas durante o tempo de duración da obra subcontratada, isto é, do 10 ao 28 de setembro de 2012.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Isalcor Valga, S.L. e Carpintería Metálica Tecre, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza