Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46174

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (765/2018).

Eu, Adriana Álvarez Gorgojo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Pontevedra, polo presente, certifico que no presente procedemento xuízo verbal 765/2017, seguido por instancia de Volkswagen Finance, S.A. EFC, fronte a Grupo Zero Seguridad y Control, S.L., Javier Infante Areses, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 136/2019.

Pontevedra, 31 de xullo de 2019.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo verbal número 765/2018, seguidos por instancia de Volkswagen Finance, S.A., representada pola procuradora María José Giménez Campos e defendida polo letrado Manuel Taberné Abad, contra Grupo Zero Seguridad y Control, S.L. e contra Javier Infante Areses, en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome do rei, a seguinte

Sentenza:

Resolución

Que debo estimar a demanda presentada pola procuradora María José Giménez Campos, en nome e representación de Volkswagen Finance EFC, S.A., contra Grupo Zero Seguridad y Control, S.L. e contra Javier Infante Areses, en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia, debo condenar os demandados a pagar á demandante a cantidade de 3.060,56 euros, máis o xuro do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación, que se formalizará por escrito ante este xulgado dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito da cantidade de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os demandados, Grupo Zero Seguridad y Control, S.L., Javier Infante Areses, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 16 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza