Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 45957

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de setembro de 2019 pola que se regula o procedemento para a acreditación dos campus de especialización do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED442B).

Advertido erro na orde citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 177, do 18 de setembro de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 40482, no parágrafo primeiro do artigo 7, onde di: «A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación (os formatos obrigatorios estarán dispoñibles en www.edu.xunta.gal) e referirase ao período de financiamento anterior ao ano 2019 que corresponda segundo os casos e á planificación para os próximos 4 anos:», debe dicir: «A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación (os formatos obrigatorios estarán dispoñibles en www.edu.xunta.gal) e referirase ao período de financiamento establecido no artigo 4 desta orde e á planificación para os próximos 4 anos:».

Na páxina 40489, no parágrafo primeiro do artigo 15, onde di: «A documentación terá que ser permanentemente actualizada e estar dispoñible na universidade para a súa comprobación polo persoal da Administración autonómica que realice funcións de inspección, avaliación, acreditación e planificación, de acordo co previsto no artigo 62.1 da Orde UMA/11/2019, do 14 de marzo», debe dicir: «A documentación terá que ser permanentemente actualizada e estar dispoñible na universidade para a súa comprobación polo persoal da Administración autonómica que realice funcións de inspección, avaliación, acreditación e planificación, de acordo co previsto na disposición transitoria segunda da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia (DOG núm. 125, do 3 de xullo)».