Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45754

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de leiras (expediente 1382/2019).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 23 de Pedornes, Oia, no entorno do Centro Cultural de titularidade municipal (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o enderezo do titular da parcela 520 (ref. catastral 36036A023005200000QP) e descoñecidos os titulares das parcelas 455, 456 e 457 (ref. catastrais 36036A023004550000QP, 36036A023004560000QL e 36036A023004570000QT, resepctivamente), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

1382/2019

Segundo Alonso Rodríguez;

enderezo descoñecido

36036A023005200000QP, parcela 520 do polígono 23, Pedornes

1382/2019

Titular en investigación

36036A023004550000QP, parcela 455 do polígono 23, Pedornes

1382/2019

Titular en investigación

36036A023004560000QL, parcela 456 do polígono 23, Pedornes

1382/2019

Titular en investigación

36036A023004570000QT, parcela 457 do polígono 23, Pedornes

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 4 de outubro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa