Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45755

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de leiras (expediente URB 98/2017-587/2017).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 3 das Mariñas de Mougás, no termo municipal de Oia (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o titular da parcela 151 do polígono 3 (ref. catastral 36036A003001510000QT) en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/98/2017 (587/2017)

Parcela en investigación,

titular descoñecido

36036A003001510000QT, parcela 151 do polígono 3,

As Mariñas (Mougás)

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 4 de outubro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa