Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (373/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 373/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Sanmartín Regueiro contra a empresa Cocinas Novara, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo ditame é o seguinte:

«Resolución

Que, estimando a demanda interposta por Iván Sanmartín Regueiro contra a empresa Cocinas Novara, S.L., condénase esta última a que lle aboe a cantidade de doce mil cento cincuenta e dous euros e oitenta e oito céntimos (12.152,88 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Santander, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cocinas Novara, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 26 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza