Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 736/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 736/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Tomás Novais Peón contra a empresa Nacional 10 Horas, S.L., FTI Partnersrecovery Spain, S.L.P. e Fogasa, sobre dereito y cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Acordo: ter por desistido a Tomás Novais Peón da súa demanda, e unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de rexistro correspondente, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación. (Artigo 188.2 da LXS).

E para que sirva de notificación en legal forma a Nacional 10 Horas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza