Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 620/2018).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 620/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergiy Morozov contra Inymont Noroeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolución

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Sergiy Morozov, contra a entidade Inymont Noroeste, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Inymont Noroeste, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 10.002,11 € brutos polos salarios das mensualidades de decembro de 2017 a febreiro de 2018, con inclusión de pagas extras de decembro e verán, así como a compensación polas vacacións non gozadas 9.067,52 € brutos por horas extras e 11.486,20 € por axudas ambas as dúas cantidades percibidas entre maio de 2017 e o 19 de febreiro de 2018, incrementadas todas elas no interese do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº: ES55 0049 3569 92 0005001274 debendo indicar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander na conta nº: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inymont Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza