Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 44900

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 123/2019, do 10 de outubro, polo que se nomea director do ente público Portos de Galicia a Roi Fernández Añón.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de outubro de dous mil dezanove,

Nomeo director do ente público Portos de Galicia a Roi Fernández Añón.

Santiago de Compostela, dez de outubro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar