Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 44899

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

DECRETO 122/2019, do 10 de outubro, polo que se dispón que cese José Ignacio Villar García como director do ente público Portos de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de outubro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Ignacio Villar García, como director do ente público Portos de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dez de outubro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar