Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de outubro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de baixas de autorizacións turísticas e cancelacións das inscricións no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017, da baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 1 de outubro de 2019

O/a xefe/a da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
P.S. (Resolución do 29.3.2019)
María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Establecemento

Signatura

Titular

Domicilio

Concello

Carlus

V-PO-000479

María Victoria Fortes García

Loureiro Crespo, 73

Pontevedra

Centro Cultural

V-PO-006022

Agustín Coello González

Rosalía de Castro, 14

A Guarda

La Lola

V-PO-007610

La Lola, C.B.

Estrada Pedornes, 59

Oia

O Pañol

V-PO-006119

Olga Begoña Taboada Silva

Porto do Río, s/n, Pedornes

Oia