Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44777

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 30 de setembro de 2019 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, previo informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

DISPÓN:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

Ler é vivir. Homenaxe a Luís Alonso Girgado. 16,17 €.

Ás oito da tarde, cando morren as nais. 16 €.

Somos os monstros. 15 €.

Neorretranca e posmorriña: Fantasía nº 5 en sol ou non Boisaca ou a divina desgraza. 9,50 €.

Propter magnare creatus: Lengua, literatura y gastronomía entre Italia y la península Ibérica: Actas del Congreso Internacional Santiago de Compostela, 21-23 de septiembre de 2016. 10 €.

Cadernos Ramón Piñeiro (XXXIX). Antonio Fraguas: laboris causa. Trigo limpo candeal. 16,57 €.

Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega. 13,65 €.

Dicionario de filosofía. 12,75 €.

Homeless. 35 €.