Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44775

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 3 de maio de 2019 pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

Por Orde do 13 de xullo de 2018 (DOG do 30 de xullo), regúlase o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

O artigo noveno desta orde establece que, unha vez concedida a totalidade dos reintegros, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das persoas beneficiarias deles.

Con data do 14 de maio de 2019 procedeuse á publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 3 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

Con posterioridade a esta publicación, procedeuse á concesión do reintegro individual a Cristina Garagorri Gutiérrez debido á resolución estimatoria do recurso de alzada presentado pola interesada.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único. Modificar a relación de persoas beneficiarias que figuran no anexo da Resolución do 3 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018, e incluír nela á seguinte beneficiaria:

Apelidos e nome

DNI

Garagorri Gutiérrez, Cristina

***9295**

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa