Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 25 de setembro de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-03231-O-2016 e un máis.

O director xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número PO-03231-O-2016 e outro por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta devolveuse polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

persoa sancionada

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

PO-03231-O-2016

0461-BKP

46967620X

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

30.3.2016; 16.28; PO531; 11,4

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801

Desestimado

PO-04857-S-2016

1005-BJJ

36018357N

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

12.9.2016; 15.58; rúa Torrecedeira con rúa Gaiteiro Portela

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801

Desestimado