Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello de Pontedeva (expediente IN407A 2019/33-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto redactado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado núm. 2.880 COITI Vigo, en setembro de 2019, con visado nº 21901068 do 16.9.2019 do sinalado colexio profesional:

Solicitantes: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U., Minicentral San Miguel, S.L.

Domicilio: rúa Coruña, núm. 20 baixo, 36700 Tui, Pontevedra.

Denominación: LMTS Deputación (Pontedeva).

Situación: lugar da Veiga, Pontedeva (San Breixo), Ourense.

Características técnicas: recuamento de instalacións existentes (expedientes: 3402-AT e 3402 (b)-AT), mediante a realización de 2 pasos aéreo-subterráneo baixo a LMTA actual, discorrendo as novas LMTS canalizadas.

• LMTS-1 (apoio 1-apoio 2). Paso aéreo-subterráneo mediante unha torre de celosía C-7.000/22 (apoio 1) baixo a LMTA existente de dobre circuíto, e desde este punto a nova LMTS pasa a 2 circuítos independentes, en condutor RHZ1-OL-12/20 kV-3×150 Al, cunha lonxitude total de 520 m por circuíto.

• LMTS-2 (apoio 2-CTA existente). Paso aéreo-subterráneo mediante unha torre de celosía C-7.000/20 (apoio 2) baixo a LMTA existente de dobre circuíto, e nova LMTS con 1 circuíto en condutor RHZ1-OL-12/20 kV-3×95 Al e unha lonxitude total 115 m para alimentar o CTA existente.

• Orzamento: 131.105,32 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, se for o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, se for o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 19 de setembro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense