Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44723

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de notificación en materia de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a notificación da comunicación e o requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especie arbóreas, establecida polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, á titular da parcela coa referencia catastral que se relaciona, ao non poder obter un domicilio para os efectos de notificacións, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, procédese á dita notificación mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado:

Nº de expediente

Localización

Titular

Referencia catastral

411/2019

Fandeán. San Cristovo de Chamoso. O Corgo

Mª Paz Pozo Díaz

27014A006000630000IS

De conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, a titular da parcela mencionada dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello do Corgo, situadas no barrio da Portela, s/n, das 10.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

O Corgo, 25 de setembro de 2019

Felipe Labrada Reija
Alcalde