Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de execución de limpeza de leiras (expediente URB 35/2019-1258/2019).

Orde de execución de limpeza de leiras, ditadas ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

Ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 16 de Vilar, Pedornes, termo municipal de Oia (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o domicilio da titular da parcela 549 do polígono 16, Marta Martínez Bas (ref. catastral 36036A016005490001WB), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, en caso de incumprimento das ordes ditadas, contra os responsables, advertindo de execución subsidiaria á conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesada

Referencia catastral

URB/35/2019 (1258/2019)

Marta Martínez Bas

Enderezo descoñecido

36036A016005490001WB

Parcela 549, polígono 16

Vilar, Pedornes

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 25 de setembro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa