Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44667

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e promoción da madeira na construción.

30.7.2019

389.000,00 €