Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (188/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 188 /2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Ares Ramos contra Vicente Cabanas Salvado, Davimar Escayolas, S.C., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución do Decreto 203/2019, do 24 de abril, ditado no procedemento DOI 49/19, a favor da parte executante, Marcos Ares Ramos, fronte a Vicente Cabanas Salvado, Davimar Escayolas, S.C., Fogasa, parte executada, por importe 8.500 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 850 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de Xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Parte dispositiva

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada, Vicente Cabanas Salvado e Davimar Escayolas, S.C., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 8.500 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 850 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (expediente xudicial 1589 0000 64 0188 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Vicente Cabanas Salvado e Davimar Escayolas, S.C., co fin de que no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, Marcos Ares Ramos, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, puidesen obterse na presente execución.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Davimar Escayolas, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza