Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44556

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 45/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 45/2019, seguido por instancia de Baldomero Martínez Barbeito contra Ifedic Pereira, S.L., sobre reclamación de salarios, ditouse Decreto do 2 de setembro polo que se declarou o executado en situación de insolvencia total e acordouse o arquivamento provisional das actuacións, contra o que se pode interpoñer recurso directo de revisión no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ifedic Pereira, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza