Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 91/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 91/2019, seguido por instancia de Marianela Leal Fraga contra Gestión Integral de Situaciones de Emergencia, sobre execución de sentenza do 26 de abril de 2019, se ditaron auto despachando execución e decreto de embargo, ambos os dous con data do 29.7.2019, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Gestión Integral de Situaciones de Emergencia, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza