Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de setembro de 2019, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, mediante a Resolución do 6 de xuño de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia mediante o Anuncio do 7 de xuño de 2019 (DOG núm. 115, do 19 de xuño), adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número dous do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no presente expediente de expropiación, á que se lle deberá acompañar a correspondente folla de prezo xusto definitiva.

Igualmente, deberase notificar esta resolución ao IGVS e ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no expediente expropiatorio que se aproba.

Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo de relación de bens e dereitos afectados, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Xinzo de Limia. Así mesmo, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán manifestar mediante escrito dirixido á Dirección Xeral do IGVS, por triplicado exemplar, que deberán presentar na Área Provincial do IGVS en Ourense, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG). Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da referida lei.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa».

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015 aos titulares da parcela 5 e non sendo posible practicala, e ignorando o lugar de notificación da titular da parcela número 8, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acordo adoptado pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do IGVS en Ourense, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 26 de setembro de 2019

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia (Ourense).

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Beneficiario: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Acto obxecto da notificación: Resolución da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do 6 de xuño de 2019, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia e a folla de prezo xusto definitiva.

Persoa/s a notificar

Parcela obxecto de expropiación

Irene Diz Parada, Rosa Diz Parada, Purificación Diz Parada, Manuel Diz Parada, Leopoldo Diz Parada e José Ramón Díez Seguín

Número 5

María Santana Carrera

Número 8