Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 7 de outubro de 2019 Páx. 44373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de setembro de 2019 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 16 de marzo de 2018 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística 107B 2007/065-0.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución do director (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo), ditou, o 28 de agosto de 2019, resolución pola que se desestima e se alza o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 16.3.2018, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística 107B 2007/065-0, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se impón unha sexta multa coercitiva, ao incumprir o ordenado nas resolucións do 2.6.2008, 10.2.2010, 26.3.2012, 22.10.2012, 4.3.2014, 24.9.2014 e 20.7.2015, confirmando en consecuencia a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Gregorio Montoya Montoya, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística