Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 43906

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 28 de maio de 2019, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

A Orde do 28 de maio de 2019 (DOG núm. 111, do 13 de xuño), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto da modalidade A do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para ampliar a súa formación no estranxeiro con posibilidade de retorno, mediante o financiamento dun contrato dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co artigo 3 da orde de convocatoria, ata 10 persoas investigadoras posdoutorais da modalidade A contratadas polas universidades do SUG e ata 2 persoas contratadas polas demais entidades que desenvolvan os dous anos de estadía en EUA poderán obter a condición de bolseiras Fulbright, e contar co apoio da Comisión Fulbright.

No artigo 2 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2 do anexo I os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas da modalidade A do Programa de apoio á etapa posdoutoral.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Gain, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo I da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación entregóuselle á comisión de selección definida no artigo 10 da orde de convocatoria, que asignou ata un máximo de 5 puntos a aquelas solicitudes que acadaron a puntuación mínima indicada no artigo 5 do anexo I, en función da pertenza da persoa candidata a un grupo, equipo de investigación, agrupación estratéxica, unidade de excelencia ou centro de investigación singular dos definidos no mesmo artigo 10. A comisión de selección elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e a lista de agarda para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e á persoa titular da Presidencia da Gain, de acordo co artigo 11 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da comisión de selección reunida o día 11 de setembro de 2019, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Gain,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade A de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 28 de maio de 2019 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I, en que se reflicten tamén as solicitudes que obteñen a condición de bolseiras Fulbright.

Segundo. Establecer unha lista de agarda para as universidades do SUG, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios recollidos no artigo 10. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida no artigo 5 do anexo I da convocatoria.

No caso das solicitudes presentadas polas demais entidades do artigo 2 da convocatoria, non se estable lista de agarda porque non hai ningunha solicitude que non figure no anexo I que teña unha puntuación igual ou superior á mínima establecida no artigo 5 do anexo I.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 16 de outubro de 2019, agás para as persoas non comunitarias que poderán asinar o contrato ata o 30 de novembro de 2019.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 14 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 40 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que as anualidades de 2021 e 2022 se integrarán no novo plan de financiamento para os anos seguintes:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº axudas

Crédito (en euros)

2019

2020

2021

2022

Total

09.40.561B.444.0

UDC

1

3.366,67

43.174,66

35.827,56

36.311,11

118.680,00

09.40.561B.444.0

USC

26

87.613,36

1.142.759,10

1.124.218,68

944.088,86

3.298.680,00

09.40.561B.444.0

UVIGO

13

41.489,33

514.910,68

521.715,56

472.044,43

1.550.160,00

Total

40

132.469,36

1.700.844,44

1.681.761,80

1.452.444,40

4.967.520,00

Demais entidades indicadas no artigo 2: 6 axudas.

De acordo co establecido no artigo 20 das bases da convocatoria e a vinculación de créditos que rexe para as axencias conforme a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, os créditos da Gain adecuáronse á natureza xurídica das entidades beneficiarias. En consecuencia os ditos créditos teñen a seguinte distribución:

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº axudas

Crédito (en euros)

2019

2020

2021

2022

Total

09.A3.561A.403.0

Instituto de Ciencias de Patrimonio (INCIPIT) do CSIC

3

10.384,45

136.900,00

134.582,22

108.933,33

390.800,00

09.A3.561A.403.0

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

1

3.366,67

43.500,00

42.822,22

36.311,11

126.000,00

09.A3.561A.480.0

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

1

3.366,67

43.174,66

35.827,56

36.311,11

118.680,00

09.A3.561A.480.0

Fundación Profesor Novoa Santos

1

3.366,67

43.500,00

42.822,22

36.311,11

126.000,00

Total

6

20.484,46

267.074,66

256.054,22

217.866,66

761.480,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Gain no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Gain nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidades do SUG

Universidade da Coruña

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Puntuación

ED481B-2019-095

UDC

Garrido

Moreno

Elisa

Artes e Humanidades

2

1

95,00

Universidade de Santiago de Compostela

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Puntuación

ED481B-2019-049

USC

Aguilera

Durán

Tomás

Artes e Humanidades

2

3

85,50

ED481B-2019-043

USC

Cabezas

Sainz

Pablo

Ciencias da Saúde

1

1

72,15

ED481B-2019-001

USC

Castiñeira

Reis

Marta

Ciencias

2

2

91,00

ED481B-2019-086

USC

Correa

Jaraba

Kenia Shaily

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

3

65,50

ED481B-2019-034

USC

Costa

Besada

María Alicia

Ciencias da Saúde

2

2

82,00

ED481B-2019-073

USC

Cutrín

Mosteiro

Olalla

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

3

74,95

ED481B-2019-083

USC

Díaz

Cao

José Manuel

Ciencias da Saúde

3

3

71,00

ED481B-2019-005

USC

Fernández

Fernández

David

Ciencias

3

3

80,50

ED481B-2019-040

USC

García

Feal

Xabier

Ciencias

3

3

91,00

ED481B-2019-039

USC

García

Goldar

Mónica

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

2

68,00

ED481B-2019-015

USC

García

Guimarey

María Jesús

Enxeñaría e Arquitectura

2

2

73,50

ED481B-2019-048

USC

González

Gil

Lorena

Enxeñaría e Arquitectura

2

1

94,50

ED481B-2019-055

USC

Lamas

Freire

Alexandre

Ciencias da Saúde

2

2

78,50

ED481B-2019-090

USC

Leira

Castiñeira

Francisco Jorge

Artes e Humanidades

2

2

79,50

ED481B-2019-026

USC

Lemos

Cid

Edgar

Ciencias

2

2

86,50

ED481B-2019-027

USC

Maneiro

Boo

Lorena

Ciencias Sociais e Xurídicas

2

2

78,00

ED481B-2019-002

USC

Parajó

Vieito

Juan José

Ciencias

1

1

86,00

ED481B-2019-025

USC

Pardo

Montero

Alberto

Ciencias da Saúde

1

1

83,50

ED481B-2019-108

USC

Pérez de Lis

Castro

Gonzalo

Ciencias

3

3

88,80

ED481B-2019-008

USC

Reino

Sánchez

Clara

Ciencias

2

2

84,70

ED481B-2019-033

USC

Remesar

Alonso

Susana

Ciencias da Saúde

2

2

82,70

ED481B-2019-010

USC

Rodríguez

Penas

David

Enxeñaría e Arquitectura

2

1

70,80

ED481B-2019-024

USC

Rodríguez

Riego

Rafael

Ciencias

2

2

87,50

ED481B-2019-088

USC

Souza

Alonso

Pablo

Ciencias

2

2

94,50

ED481B-2019-054

USC

Varela

Sandá

Iván

Ciencias

2

2

78,50

ED481B-2019-013

USC

Villar

Álvarez

Eva María

Ciencias

1

1

90,00

Destas solicitudes obteñen a condición de bolseiras Fulbright as seguintes:

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Puntuación

ED481B-2019-040

USC

García

Feal

Xabier

Ciencias

3

3

91,00

ED481B-2019-108

USC

Pérez de Lis

Castro

Gonzalo

Ciencias

3

3

88,80

Universidade de Vigo

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Puntuación

ED481B-2019-066

UVigo

Álvarez

Vázquez

Miguel Ángel

Artes e Humanidades

2

2

77,00

ED481B-2019-061

UVigo

Balado

Frías

Jesús

Enxeñaría e Arquitectura

2

1

82,50

ED481B-2019-091

UVigo

Díez

Sarabia

Aida María

Enxeñaría e Arquitectura

1

2

76,00

ED481B-2019-077

UVigo

Fernández

Pena

Yolanda

Artes e Humanidades

2

2

98,50

ED481B-2019-096

UVigo

Fraga

Corral

María

Ciencias

1

1

93,00

ED481B-2019-074

UVigo

García

Moreiras

Iria

Ciencias

1

2

81,00

ED481B-2019-068

UVigo

Gil

Lozano

Carolina

Ciencias

2

2

98,00

ED481B-2019-097

UVigo

Louredo

Casado

Sara

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

2

72,05

ED481B-2019-079

UVigo

Morell

Rovira

Berta

Artes e Humanidades

2

2

81,30

ED481B-2019-032

UVigo

Pérez

Pérez

Martín

Enxeñaría e Arquitectura

1

1

76,00

ED481B-2019-047

UVigo

Salvador

Gimeno

Santiago

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

1

85,10

ED481B-2019-070

UVigo

Sorí

Gómez

Rogert

Ciencias

1

1

85,00

ED481B-2019-076

UVigo

Sousa

Castillo

Ana

Ciencias

2

2

98,00

Demais entidades do artigo 2 da convocatoria

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Puntuación

IN606B-2019/006

Instituto de Ciencias de Patrimonio (INCIPIT) do CSIC

García

Casas

David

Artes e Humanidades

2

2

64,50

IN606B-2019/011

Instituto de Ciencias de Patrimonio (INCIPIT) do CSIC

Iniesta

di Cesare

María Lourdes

Artes e Humanidades

3

3

79,00

IN606B-2019/002

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

López

Acosta

María

Ciencias

2

2

92,25

IN606B-2019/010

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Mayer

Mayer

Celia

Ciencias da Saúde

2

1

71,50

IN606B-2019/005

Instituto de Ciencias de Patrimonio (INCIPIT) do CSIC

Rodríguez

Antón

Andrea

Artes e Humanidades

2

2

76,68

IN606B-2019/004

Fundación Profesor Novoa Santos

Varela

Eirín

Marta

Ciencias da Saúde

2

2

92,00

ANEXO II

Lista de agarda

Universidades do SUG

Orde

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Puntuación

01

ED481B-2019-099

USC

Buján

Gómez

Noemí

Ciencias

3

3

77,60

02

ED481B-2019-028

USC

Busto

Zapico

Miguel

Artes e Humanidades

2

2

77,00

03

ED481B-2019-037

USC

Martín

Nieto

Isaac

Artes e Humanidades

2

1

76,90

04

ED481B-2019-104

UDC

Lucio

Martínez

María de Fátima

Ciencias

2

2

74,00

05

ED481B-2019-100

UVigo

Oludemi

 

Taofiq

Ciencias

1

1

74,00

06

ED481B-2019-029

USC

Abalo

Gómez

Adriana

Artes e Humanidades

2

2

73,60

07

ED481B-2019-018

USC

García

Martínez

Pablo

Artes e Humanidades

2

2

73,33

08

ED481B-2019-031

USC

González

López

Tamara

Artes e Humanidades

2

1

73,00

09

ED481B-2019-113

USC

Fraga

Timiraos

Ana Belén

Ciencias

3

3

71,00

10

ED481B-2019-044

UDC

Ramadan Farrag AbdelHafez

-

Yousof

Ciencias

1

1

71,00

11

ED481B-2019-094

UDC

Marcos

Pérez

Diego

Ciencias da Saúde

2

2

71,00

12

ED481B-2019-107

UDC

Castro

Viñuelas

Rocío

Ciencias da Saúde

3

3

70,50

13

ED481B-2019-069

UVigo

Naderi

-

Fatemeh

Ciencias

2

2

69,25

14

ED481B-2019-016

USC

Nieto

Fontarigo

Juan José

Ciencias da Saúde

2

2

69,05

15

ED481B-2019-075

UVigo

Otero

Rodiño

Cristina

Ciencias

1

1

69,00

16

ED481B-2019-060

UVigo

Velasco

Rubial

Cristina

Ciencias

2

2

69,00

17

ED481B-2019-041

USC

Ordás

Díaz

Pablo

Artes e Humanidades

3

3

68,75

18

ED481B-2019-038

USC

Muras

Mora

Andrea

Ciencias da Saúde

2

2

68,50

19

ED481B-2019-118

USC

Campaña

Lozano

Isidoro

Artes e Humanidades

3

3

68,50

20

ED481B-2019-021

UDC

Rico

Alonso

Sonia

Artes e Humanidades

2

2

67,70

Da lista de agarda poderían obter a condición de bolseiras Fulbright as seguintes:

Nº expediente

Entidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Total

ED481B-2019-107

UDC

Castro

Viñuelas

Rocío

Ciencias da Saúde

3

3

70,50

ED481B-2019-041

USC

Ordás

Díaz

Pablo

Artes e Humanidades

3

3

68,75