Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 11 de setembro de 2019, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-01124-O-2019.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-01124-O-2019 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

É informada que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselle un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 11 de setembro de 2019

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-01124-O-2019

PO-0368-AJ

76984064M

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do certificado de aptitude profesional (CAP).

29.4.2019; 19.40.00; A-52; 120,0

Artigo 140.18 da LOTT. Artigo 197.19 do ROTT

Artigo 201.h) do ROTT.

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros