Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 3 de outubro de 2019 Páx. 43804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento do expediente PE 401B 2019/000173-8.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación do expediente PE 401B 2019/000173-8.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar a documentación requirida se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do requirimento e constancia de tal coñecemento.

De non acreditar o que se lle require, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, logo de resolución ditada de acordo co disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de setembro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE 401B 2019/000173-8

35487746B

Requirimento

Avda. Juan Carlos I, nº 32, 4º, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)